Traballamos con nenos e nenas de todas as idades

En Enrédate, Educación e Tempo Libre en Lalín, organizamos infinidade de actividades, campamentos, cursos e eventos para nenos e nenas de todas as idades nas diferetes localidades de Galicia.

Que facemos?

Campamentos

Cubrimos toda a oferta campamental: dende Nadal ata o Verán, e ven sexan urbanos ou rurais, pasando polos campamentos multiaventura. Os nosos campamentos manteñen a máxima de aprender xogando.

Actividades extraescolares

Na actualidade levamos a cabo un extenso programa de actividades extraescolares que atende ás necesidades de todo o alumnado estando ao servizo de colexios, ampas, concellos e asociacións que precisen un servizo lúdico- educativo abarcando toda a xeografía galega.

Servizo de conciliación

Enrédate, Educación e Tempo Libre permite conciliar a vida laboral e familiar cos seus programas de conciliación aportando a máxima flexibilidade, ben sexa a través de bonos ou tarifa contratada poñendo así a disposición das familias as ferramentas necesarias para conseguir este logro.

Academia de ensinanza

Atallamos todas as dificultades de aprendizaxe que poida ter o noso alumnado poñendo á súa disposición un programa de reforzo extraescolar dende infantil ata primaria.

Servizo madrugadores

En las instalacións concertadas contan cun amplo horario que abrangue as mañás facilitando a conciliación da vida laboral e familiar.

Dinamización social

Tes un clube ou asociación? Enrédate, Educación e Tempo Libre pódeche axudar. Na actualidade implementamos diversos programas co obxectivo de reactivar a vida social tanto de núcleos rurais como urbanos. Parkour, grafitis ou vai de cine son os programas aos que te podes inscribir.

Xestión deportivas e escolas deportivas

Axudamos a clubes, ampas e concellos na xestión deportiva coas seguintes escolas: barriball, datchball, fútbol sala, patinaxe e fútbol.

Actividades culturais

Invitamos a vivir o circo na rúa, clown e teatro desfrutadas dende un punto de vista diferente. Proba e sorpréndete.

Vellez activa

Levamos a cabo programas de intervención a través de diversos colectivos co obxectivo de facer partícipes aos nosos maiores e axudalos a que leven así un estilo de vida activo e saudable.

Eventos

Organizamos dende un bautizo, voda, cumpeanos, feiraa ou calquera outro evento. Poñemos á túa disposición diferentes animacións contando con discoteca móvil, inflables, máquina de espuma…

Escola de pais e nais

As Escolas de pais e nais son unha peza fundamental na cadea educativa. Todos os pais e nais do noso alumnado desfrutan do mellor asesoramento a través de diversos cursos e charlas informativas.

Actívate! (Xuventude Activa)

Non te aburras, descubre todas as actividades que temos preparadas para ti: xinkanas nocturnas, xogos de pique ou observación das estrelas.

Trotamundos

Gústache viaxar e descubrir sitios? Contacta co noso persoal e infórmate das rutas que organizamos onde poderás descubrir paraxes únicas. Adéntrate con Enrédate, Educación e Tempo Libre no mundo do sendeirismo e da btt.

Cursos

Estate atento de todas as nosas novas.. Todos os nosos cursos son impartidos por persoal cualificado e abranguen dende os primeiros auxilios na infancia, globoflexia, tecnificación deportiva…

Contacta con Enrédate, Educación e Tempo Libre

Se precisas máis información sobre algunha das actividades ou programas que organizamos en Enrédate, Educación e Tempo Libre podes poñerte en contacto con nós. Esperámoste!